Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-783
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Libros relixiosos
Objeto/Documento Libro
Autor/a Blanco, Francisco [Francisco Blanco, Arcebispo da Santa Igrexa de Santiago (1574-1581). Natural de Capillas, lugar do obispado de León. Maxistral de Palencia, Penitenciario de Oviedo, bispo de Ourense (1556) (como tal asistiu ao Concilio de Trento) e de Málaga.]
Impresor: Paz, Luys de Escuela/Taller: Real Casa de la Moneda y Timbre [É o primeiro que se estableceu en Santiago e son tan escasas as noticias acerca del que se ignora a súa procedencia, Murguía supono fillo ou neto de Agustín Paz, impresor en Mondoñedo.]
Título Constituciones Synodales del Arçobispado de Sanctiago, hechas por el Iluss. y Rev. Señor Don Francisco Blanco Arçobispo de la Sancta Yglesia de Sanctiago (...) que su señoría celebro a 5 dias de junio de 1576 (...)
Materia/Soporte Papel
Pel
Técnica Gravado [gravado a buril]
Impresión tipográfica
Dimensiones Altura = 21,50 cm; Longo = 15,50 cm; Anchura = 2,50 cm
Descripción 3 tomos nun volume en oitavo maior. Encadernado en plena pel moderna con nervios no lombo. 2 f., 91 fol., + 3 f., 15 fol., + 1 f., 16 fol. (faltan nesta última parte os folios do 17 ao 29). Primeira parte:Portada: Decorada con escudo coas armas do arcebispo San Clemente no centro. Texto completo que presenta: Constitvciones synodales, del Arcobispado de Sanctiago, hechas por el Illustrissimo y Reuerendissimo Señor Don Francisco Blanco Arçobispo de la Sancta Yglesia de Sactiago, En la sancta Synodo, que su Señoria Illustrissima celebro a cinco dias del Mes de Iunio. Año de. 1576 Y mandadas imprimir de nueuo, por su Señoria Don Iuan de Sant Clemente, Arçobispo de este Arçobispado en.16.de Mayo.de.1601.Años. // Impressas en Sanctiago, con licencia. En casa de Luys de Paz Ympressor de su.S.Illustrissima. Año de.1601.O texto relativo ás sinodales presenta algunha inicial decorada.* Con respecto á foliación advírtese un erro na recente encadernación da obra, xa que os folios 7 e 8 aparecen no lugar onde deberían estar os folios 3 e 4.Inclúe tabla dos títulos que conteñen as constitucións ao final.Segunda parte: Portada: De estructura semellante á primeira parte, decorada co escudo coas armas do arcebispo Blanco no centro. Texto completo: Mandamientos è instructiones del Illustrissimo y Reuerendissimo Señor, don Francisco Blanco, Arçobispo de Sanctiago, y Capellan Mayor de su Magestad y del su Consejo, Notario Mayor del Reyno de Leon que manda guardar para el buen gouierno de su Metropoly, y Arçobispado. // Impressos en Sanctiago en casa de Luys de Paz, Año. 1601. Esta parte tamén presenta algunha inicial decorada.Inclúe ao final tabla do que se contén nesta parte.Ten tamén colofón: Impresso en Sanctiago por Luys de Paz. Año. de 1601.Terceira parte: Portada: Decorada no centro co símbolo xesuíta "IHS", rodeado dunha orla vexetal. Texto completo da mesma: Dos platicas hechas a Sacerdotes, por el Maestro Auila, predicador del Andalucia. Mandadas añadir, a estas Constituciones por el Illustrisimo y Reuerendissimo Señor Don Iuan de Sant Clemente, Arçobispo de Sanctiago. // Con licencia del Hordinario Impressa en Sanctiago, por Luys de Paz. Año de. 1601. Esta última obra está incompleta, xa que faltan os folios do 17 ao 29.Edicións desta obra:Existe unha rara edición anterior, impresa en Madrid: Constituciones Synodales, del arçobispado de Sanctiago / hechas por ... don Francisco Blanco Arcobispo de la Sancta Yglesia de Sactiago, en la sancta Synodo que su Senoria Illustrissima celebro a cinco dias del mes de Iunio, año de 1576 . Madrid: en casa de Pierres Cosin, 1579. Ademáis das sinodales, Blanco estableceu unhas constitucións para o Cabildo, que, aprobadas en 19 de setembro de 1578, viron a luz no mesmo ano, e das que se documentan varias edicións, sendo moi rara a primeira:- Constitvciones establecidas por el Illustrissimo y Reuerendissimo señor Don Francisco Blanco, Arçobispo de Santiago ivntamente con los illvstres Señores Dean y Cabildo de la dicha sancta yglesia, y con su consentimiento, para el buen gouierno de ella, ansi en lo que toca al seruicio del Altar y Choro, y officios de los Prebendados y otros ministros, como al Cabildo, y conseruacion de la hazienda de la Mesa Capitular. // en Sanctiago en casa de Luys de Paz. 1578. - Constituciones establecidas por el Ilustrisimo, i Reverendisimo Señor Don Francisco Blanco, Arzobispo de Santiago: juntamente con los Illustrisimos Señores Dean i Cabildo de la dicha Santa Iglesia, i con su consentimiento, para el buen govierno de ella, ansi en lo que toca al servicio del Altar, i Coro, i oficios de los Prebendados, i otros Ministros, como al Cabildo, i conservación de la Hacienda de la Mesa Capitular. Reimpresas Año de 1781 (según el método i estilo en que se halla la impresion antigua) por Ignacio Aguayo, Impresor de la Sta. Iglesia por nombramiento de el Illmo. Cabildo.
Iconografia Escudo do arcebispo Francisco Blanco; Escudo do arcebispo San Clemente
Inscripciones/Leyendas Na portada
[Ex-libris manuscrito na portada dun anterior propietario, dificilmente lexible, xa que a escritura está moi desgastada.]
Datación 1601
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Concierne á organización e normativa eclesiástica.
Clasificación Razonada Entre os anos finais do Concilio de Trento e finais do século XVI celebráronse en Santiago tres sínodos, en 1559, 1576 e 1594; a estes hai que sumar o Concilio Provincial de Salamanca de 1565. Do primeiro unicamente se coñece a noticia do nomeamento dos representantes do cabildo para tratar co arcebispo acerca do mesmo. Do último pouco máis se sabe, xa que se limitou a confirmar os decretos do sínodo de 1576, ordeando a súa reimpresión, en 1601, co engadido de dúas pláticas de Juan de Ávila (é a edición que aquí se conserva) dirixidas aos sacerdotes e unha pequena sentencia sobre o amor de Deus. O sínodo de 1576, do arcebispo Francisco Blanco, é o máis relevante desta época, manténdose como documento de referencia no século XVIII.
Francisco Blanco proxectou a aplicación da reforma trentina, decidiu que os xesuítas se asentasen en Santiago e impuxo novas constitucións capitulares. Os decretos do sínodo que levou a cabo non resultaron sorprendentes nin novidosos, afirmando o mesmo Blanco que era necesario facelos pero tomando como base o anterior que puidera servir.
O texto resultante constitúese en varios apartados:
- Un catecismo abreviado da doutrina cristiá, do que había que saber, crer e facer: o credo, os artigos da fe, os mandamentos de Deus e a Igrexa...
- Obriga de ensinar por parte do clero e a conseguinte de aprender por parte do propio clero e os fieis. O nivel dos coñecementos esixidos non era moi alto, pero si significativo, o mesmo sínodo se preocupou de insistir na necesidade do estudio e de recomendar unha pequena selección de libros de lectura e consulta diaria.
- Esíxese unha imaxe determinada do clero: vestido que os diferencie dos seglares, prohibición de facerse acompañar por mulleres ou manter unha excesiva convivencia con seglares en tabernas, de facer xogos, sobre todo na igrexa, adicarse ao trato de gando... Pretendíase formar un clero o máis distinto posible dos seglares, reflexando a doutrina de Trento na figura do sanctus in solitudine, cun significativo acento sobre o "recollemento, oración e exame de conciencia e outros exercicios espirituais".
- Finalmente, dispúxose todo aquilo que xuridicamente ordenaba o bo funcionamento das institucións, tanto parroquiais como diocesanas, de maneira que en adiante todo se movese dentro dunha orde e control.

Datos sobre o impresor, Luis de Paz: É o primeiro que se estableceu en Santiago e son tan escasas as noticias acerca del que se ignora a súa procedencia, Murguía supono fillo ou neto de Agustín Paz, impresor en Mondoñedo. Imprimiu en 1601: Constituciones sinodales del Arzobispado de Santiago, e en 1602, Constituciones de la Universidad de Santiago. Bouza Brey (v. bibliografía) dá por feito que Luis de Paz é fillo de Agustín de Paz, considerado por este autor como o primeiro impresor non ambulante, senón con oficina permanente en Compostela. Á morte de Agustín de Paz, sucedida no cárcere por diversos motivos entre os que se inclúe e herexía, sucedérono no taller tipográfico a súa viúva, Beatriz Pacheco e o seu fillo, Luis de Paz, e xa no século seguinte, o fillo deste, Juan Pacheco.
Bibliografía CARRÉ ALDAO, Eugenio. El arte de la imprenta en Galicia: constituciones sinodales del arzobispado de Santiago de 1576. Boletín de la Real Academia Gallega, año VII, nº 64, (1912). pp. 104-106.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 02/08/2005
Catalogación Porto Ruza, Ana
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6